O alumnado de 4º ESO traballou neste proxecto interdisciplinar nas materia de Lingua e Literatura Galega e Educación Artística.
Foi un proxecto de aperendizaxe-servizo no que traballamos en colaboración coa Escola Infantil Zalaeta e cos máis peques do noso cole, o alumnado de 4ºEI. O obxectivo foi elaborar uns contos en base as preferencias dos cativos. Para iso, realizamos visitas ás aulas dos peques para recabar información sobre a temática, as características dos personaxes dos contos, a ambientación da historia… Foi un proceso de colaboración con eles que rematou cunha visita ás aulas na que os artistas creadores dos contos léronlles as historias aos pequenos e días máis tarde, finalmente, o colofón final do proxecto foi á presentación teatralizada dos contos audiovisuais e a proxección destes no teatro, tanto para os pequenos como para as súas familias.
Polas visitas que fixemos ás aulas da Escola Infantil Zalaeta e ás aulas de 4º de EI, e tras ver as reaccións dos rapaces e rapazas ao longo do traballo realizado con eles neste proxecto de aprendizaxe-servicio, consideramos que foi unha actividade moi positiva, tanto os artistas creadores dos contos audiovisuais coma os peques para os que foron creados.
Agradecemos, unha vez máis, a colaboración da Escola Infantil Zalaeta e a de todas as profes implicadas neste proxecto.
Pinchando na imaxe, podedes ver algúns momentos do proceso creativo:
Pinchando nas imaxes, podedes ver os vídeos que fixemos das visitas durante o proxecto:
1ª visita á Escola Infantil Zalaeta e ás aulas de 4ºEI do noso colexio:
2ª visita á Escola Infantil Zalaeta:
2ª visita a 4ºEI:
https://colegio.salesianoscoruna.es/gl/2025/01/10/os-maiores-da-eso-creando-para-os-peques-de-4oei/
Pinchando na imaxe, podedes visualizar os contos audiovisuais:

Pinchando na imaxe, poderedes ver algúns momentos da presentación teatralizada dos contos audiovisuais no teatro do noso cole:












