Dentro de EcoBosCoru, o proxecto interdisciplinar de centro que estase a levar a cabo este curso, os alumnos de 4º ESO de EPVA estiveron facendo unha actividade grupal en colaboración coa materia de TIC, a creación dun Stop Motion baseado nun relato escrito polos alumnos de 2º ESO, contextualizado na temática do proxecto.
Empregaron os coñecementos de tanxencias e curvas técnicas para o deseño dos personaxes ou obxectos.
Estas son unhas imaxes do proceso de creación de cada proxecto.
Estes son algúns exemplos dos Stop Motions baseados nos relatos curtos dos seus compañeiros.
No curso 2017-2018 Os alumnos de 4º ESO de EPVA estiveron facendo unha actividade grupal en colaboración coa materia de TIC, a creación dun Stop Motion contextualizado no lema do curso: O sabor da felicidade.
Empregaron os coñecementos de tanxencias e curvas técnicas para o deseño dos personaxes ou obxectos.
Estas son unhas imaxes do proceso de creación de cada proxecto.
Ensalada completa
A vida do pingüino
Mercando no Mercadona
Pavo recheo
Pizza hawaiana

Postentreno
Tarta de chocolate
No 2016, os alumnos de 3º e 4º ESO de EPV participaron na actividade complementaria Héroes Animados desenrolada na sede de Afundación, unha actividade proposta entre as materias de Educación Plástica, Visual e Audiovisual, e Informática. Tiveron a oportunidade de entender con exemplos reais o proceso de creación dunha largometraxe de debuxos animados feita coa técnica Stop Motion. Tamén fixeron eles mesmos unha pequena e sinxela curta para iniciarse nesta técnica.
Vimos o esforzo e tenacidade que é preciso para a creación de longametraxes de animación feitas con Stop Motion, como A noiva cadáver, nas que participou a empresa española Grangel Studio, referente a nivel mundial en produccións gráficas e audiovisuais.
Estes son os productos, as curtas coa técnica de Stop Motion, que realizaron na última parte da actividade. Facendo click podes visualizalos.
El delfín Serafín y Huga la tortuga.
Aquí están algúns exemplos dos cortos de Stop Motion que crearon os alumnos de 4º ESO empregando os coñecementos de tanxencias para o deseño dos personaxes. A súa producción foi unha actividade conxunta que realizaron coa materia de Informática.




































































































